CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación, mañá na igrexa parroquial de Trives

Comezará ás 18:30 horas e contará entre outras coa actuacións de Lucía Pérez e as Cantareiras da contorna

 

Este ano o tradicional Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense será na Pobra de Trives, mañá martes 27 de decembro ás 18:30 horas na igrexa parroquial, e poderá seguirse tamén a través da páxina web da Deputación.

Estará presentado por Montse Estévez e contará coa colaboración de diferentes artistas como os cantantes Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno, a violinista Tatiana Kostomarova, a Banda de Gaitas de Vilariño de Conso, o grupo Os Trintas de Trives e as Cantareiras da contorna. O concerto estará dividido en tres partes nas que irán intervindo cada un destes artistas.

Artigos relacionados

Back to top button