CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Santa Icía do Conservatorio e da Escola de Música do Barco

Publicidade

 

Para conmemorar a data da patroa dos músicos, Santa Icía, o alumnado do Conservatorio e da Escola de Música do Barco celebraba na tarde do 23 de novembro un concerto no Teatro Lauro Olmo da vila.

O programa incluía un total de 8 actuacións, que se iniciaban da man de Andrea (guitarra solista) que interpretaba “Romance” de Johann Kapar Mertz. Ademais Aarón (saxofón e piano) tocaba “Jazz fron 5 to 8” (A. Waingein), Sara (violín solista) a “Giga da partita nº2 (Bach), Alicia e Judit (saxofón e piano) “Le jardín du Muséum” (J. de Haan), Sofía (piano) o “Nocturno Op 15 n2 en Fa# M” de Chopin, Alicia e Claudia (trío frauta, saxofón e vibráfono) facían soar “Suite Polinesia 2º movimento (Huahine)” de Luján Artero, mentres que Mauro (clarinete e piano), tocaba “Executive (fantasía)” de Magani.

O concerto finalizaba con “Fantasía popular para gaita e piano” Ernesto Campos, interpretada por Hugo. Os pianistas acompañantes no concerto eran Lorena, Jose e Miguel.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button