CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Concerto de Xisco Feijóo o 23 de marzo en Quiroga

Quiroga acolle mañá sábado, 23 de marzo, un concerto de Xisco Feijóo. Baixo o título de “Traede Ferralla” o cantante presenta este traballo na Casa da Cultura a partir das sete da tarde, música tradicional cun toque de modernidade.

Xisco Feijóo é cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu.

A súa carreira musical é ampla. Durante máis de trinta anos fixo  un incesante traballo de recuperación etnográfica e colaborou en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros. , atrévese lanzando este traballo discográfico chamado PEIXE.

Ademais co seu traballo discográfico chamado “Peixe” foi premiado como Mellor Canción do ano 2021 nos premios aRi[t]mar.

Artigos relacionados

Back to top button