O Conservatorio de Música de Ourense, CMUS, acollerá mañá xoves 17 de outubro unha xornada moi especial co ensemble de metais e percusión Caribbean Brass, formado por antigos integrantes da Orquesta Sinfónica Simón Bolívar.
Ás 12h. haberá un ensaio aberto ao público no Auditorio; ás 16h. unha charla-coloquio na Sala de Audicións; e xa ás 20:15h. o concerto no Auditorio.