ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Concerto matinal da banda “La Unión Musical de Tenorio”, en Larouco

 

Segunda xornada das festas de Santa María dos Remedios en Larouco. A sesión matinal deste domingo 5 de setembro correu a cargo da banda pontevedresa La Unión Musical de Tenorio cun concerto a carón da igrexa parroquial no marco do ciclo O País das Bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, dentro da programación cultural do Xacobeo 21-22.

 

 

A Banda Xuvenil de Tenorio (parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade) foi fundada por José Bugallo Diz hai case 40 anos. Posteriormente dividíase en dúas agrupacións comezando unha nova etapa, unidas de novo, en 1999, de aí o nome de La Unión Musical. Desde 2015 a agrupación conta ademais coa Banda da Escola, na que se forman os alumnos da súa escuela de música.

En Larouco puxeron o ton musical a esta mañá de domingo. A festa continú coa sesión vermú a cargo da Charanga Europa e xa pola tarde, o espectáculo de Brassica Rapa.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button