En portadaÚltima horaVídeos

Concorrida bendición de mascotas na igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras

Por terceiro ano consecutivo a igrexa de Santa Rita, no Barco de Valdeorras acollía a bendición de mascotas no marco da celebración de San Antón Abade, protector dos animais.

 

 

O acto, presidido polo párroco barquense Jesús Álvarez e moi concorrido, tiña lugar na tarde deste mércores 17 de xaneiro e contou cunha gran variedade de mascotas que enchían o templo. A maioría cans, de diferentes razas e tamaños, pero tamén había gatos e mesmo hámsters.

 

 

Antes de proceder á bendición un por un, o sacerdotes destacou orgulloso a cantidade de comida para mascotas entregada polos asistentes, que será entregada ás protectoras da vila. “Tamén temos donacións no Gadis”, dixo, agradecendo a colaboración veciñal.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button