CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Concurso de debuxo infantil para a Feira do Viño de Quiroga

 

O Concello de Quiroga vén de convocar un concurso de debuxo infantil para a Feira do Viño, no que poden participar todos os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade.

Os debuxos realizaranse en tamaño folio A4 tendo como tema a Feira do Viño de Quiroga. O debuxo que deberá ser orixinal poderá realizarse en calquera medio plástico: lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, collage, gravado ou mixto.

Os traballos deberán de presentarse na Casa da Cultura antes do 12 de abril. Entregaranse dentro dun sobre pechado no que se incluirán os datos do autor.

Nas bases do concurso establécense tres categorías: Categoría A para os participantes de 3 a 5 anos; B para participantes de 6 a 8 anos; categoría C de 9 a 12 anos.

Os gañadores deste certame recibirán premios sorpresa, tres por cada categoría.

 

Artigos relacionados

Back to top button