EconomíaEconomíaÚltima hora

“Coñece e saborea” visita Chandrexa de Queixa e afonda na súa gandería

 

Este domingo tivo lugar a actividade de “Coñece e saborea”, promovida polo GDR Sil-Bibei-Navea, polo Concello de Chandrexa de Queixa. Comezou na Casa do Concello unha ruta circular de 9 km na que participaron 30 persoas de diferentes puntos de Galicia. A súa temática principal foi a gandería en extensivo, principal actividade económica deste municipio dende tempos ancestrais.

Houbo interpretación da contorna da serra, toponimia e oronimia onde, por exemplo, se debateu acerca dos topónimos “Queixa”, “Chandrexa”, “Vozqueimado” e “Parafita”, entre outros. Os sendeiristas participaron tamén nun xogo onde se adiviñaba o significado de palabras propias de Queixa relacionadas co traballo no campo.

 

 

En Vozqueimado visitaron a explotación gandeira Galupa rexentada por Lucía e Luisa. A degustación foi no marabilloso entorno de Casa Cardiego. Desfrutouse de produtos locais tales como tenreira galega suprema, cordeiro, empanada, mel e requeixón.

A vindeira fin de semana continuarán as actividades nos concellos de A Teixeira e San Xoán de Río, ambas coas prazas xa esgotadas polo que aqueles que estean interesados en vivir esta experiencia deberán anotarse a calquera das últimos 3 rutas, nas que aínda hai prazas dispoñibles: Parada de Sil o 2 de outubro, Castro Caldelas o 8 de outubro e Viana do Bolo o 9 de outubro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button