CulturaCulturaÚltima hora

Conferencia de Isidro García Tato na XXVIII Semana Cultural de Vilanova (O Barco)

Será xoves 11 de agosto ás 20:30 horas na igrexa

O investigador valdeorrés Isidro García Tato./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova téñeno xa todo preparado para a XXVIII Semana Cultural, que se celebrará do 8 ao 11 de agosto, cun programa para todos os públicos (coma en anos anteriores contan coa colaboración do concello do Barco) e dende a xunta da directiva da asociación esperan que as actividades resulten do agrado de todos.

O programa arrancará o luns día 8 cun concerto a cargo do grupo Farsantes formado polos ourensáns David Quintas e Toño Varela, ás 22 horas nas pistas deportivas de Vilanova.

O martes día 9 ás 18:30 horas haberá xogos para os nenos nas pistas das escolas con merenda incluída; e para o xoves día 11 ás 20:30 horas está prevista na igrexa parroquial unha conferencia a cargo do historiador valdeorrés Isidro García Tato que falará sobre ‘A figura de Don Andrés de Prada y Gómez de Santalla”. Durante o acto descubrirase una praca que recordará que os seus restos mortais están enterrados na Igrexa de Vilanova.

Durante a Semana Cultural estará aberta a aula “José Manuel González” para ver a exposición de fotografías antigas do pobo e dende a asociación esperan contar cunha ampla participación nas actividades.

Coma en anos anteriores contan para levar a cabo esta iniciativa coa colaboración do concello do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button