ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Conferencia do Bispo de Astorga no Casino do Barco, no marco das Xornadas do Santo Sepulcro

 

Na tarde deste mércores 8 de marzo,o Bispo da Diócese de Astorga, D. Jesús Fernández, abría no Casino do Barco o apartado de conferencias das XXII Xornadas do Santo Sepulcro que se inauguraban o domingo día 5 e que se estenderán ata o vindeiro 12 de marzo. Diante de preto dun cento de persoas, o Bispo falou sobre “A rexionalidade popular e os sentimentos de fe dunha comunidade crente”.

 

 

 

A segunda conferencia incluída no programa terá lugar mañá, xoves 9 de marzo, de novo a partir das 19 horas e no mesmo lugar, a cargo de Enrique Martínez, Reitor do Seminario Maior de Astorga e consiliario da Xunta Profomento da Semana Sana de Astorga, que falará sobre o “Sentido actual das confrarías”.

 

 

O ciclo de conferencias pecharase o venres 10 de marzo á mesma hora e no mesmo lugar coa disertación do presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado, sobre “A Semana Santa doBarco no recordo e no presente desta comunidade”.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button