
O Concello da Rúa vén de comunicar a través das redes sociais a existencia dun caso positivo por Covid no municipio. “Isto vén a demostrar que continuamos en risco, e que non vale relaxarse no cumprimento das medidas de protección establecidas”, aseguran dende esta administració local.
Así mesmo, dende o Concello transmítenlle o seu ánimo a persoa contaxiada e insístese na importancia da prevención e da autoprotección “cada un debe responsabilizarse do seu cumprimento para frear o avance dos contaxios. Non ter casos activos non é xustificación para incumprir, xa que poden existir asintomáticos, e telos tampouco implica que nos alarmemos en exceso pois as autoridades sanitarias están traballando para atallalo”.
Finalmente, o Concello da Rúa indica que, que en caso de ter síntomas, débese chamar aotelefóno 900400116 habilitado para tal fin.



