ConcellosÚltima hora

Confírmase que o desfile de comparsas 2020 da Rúa celebrarase este sábado 29 de febreiro

Hoxe, Mércores de Cinsa, terá lugar o "enterro da sardiña" na Rúa Vella

Comparsa no desfile do ano pasado. /Foto: A.R.

 

Todas as probabilidades apuntaban a esa data pero non era ata esta mañá, cando o Concello da Rúa confirmaba que o desfile de comparsas 2020 celebrarase o sábado, día 29 de febreiro.

Inicialmente o desfile estaba previsto para o Sábado de Entroido (22 de febreiro) pero foi aprazado en sinal de loito polo falecemento ese mesmo día do xove Alejandro Lamas, veciño da Rúa. Nesa data estaba previsto que o percorrido de disfraces comezara ás 17:30h. dende a adega cooperativa Virxe das Viñas pero nesta ocasión e dado que as previsións meteorolóxicas dan chuvia para este sábado, o horario de saída está pendente de confirmación. O prazo de inscrición para comparsas e folións permanecerá aberto ata este venres 28 ás 12 horas.

Malia este cambio, o programa do Entroido 2020 na Rúa continuaba na tarde de onte martes 25 de febreiro, coa festa infantil (no pavillón de deportes en lugar de na rúa Doutor Vila como estaba previsto) e hoxe, Mércores de Cinsa co “enterro da sardiña” na Rúa Vella. A partir das 20 horas permanecerá aberto o velorio no adro da Igrexa de Santo Estevo e despois, o cortexo fúnebre percorrerá as rúas da vila ata a praza César Conti, onde terá lugar a incineración da finada e dos lardeiros. De seguido haberá bocadillos de sardiña para os asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button