
O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue coas súas reunións orgánicas pola provincia para escoitar as necesidades e inquedanzas dos distintos cargos do partido en cada concello e comarca. Esta semana unha reunión en Castro Caldelas para constituír a coordinadora comarcal de Trives-Caldelas, que estará dirixida pola alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.
No encontro participaron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; a vicesecretaria xeral, Carmen Rodríguez Dacosta; e a secretaria provincial de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. Na xuntanza estiveron presentes representantes dos concellos de Parada de Sil, Castro Caldelas, San Xoán de Río ou a Pobra de Trives.
Dende a executiva provincial destacan que a reunión foi “moi frutífera e produtiva”, xa que tal e como apuntan “puidemos escoitar as necesidades da comarca, establecer as liñas de traballo para os próximos meses e indagar nas debilidades e fortalezas do partido en cada concello”. Os socialistas consideran que estas reunións están sendo “claves” para comezar o traballo ca vista posta nos comicios electorais do 2027.
O PSdeG-PSOE de Ourense destaca que o obxectivo destas xuntanzas “é desenvolver o proxecto socialista en cada concello e bisbarra, tendo en conta as necesidades e as características de cada unha delas”. As e os socialistas apostan por “reforzar o partido concello a concello e aumentar a estrutura comarcal para unha mellor e correcta organización, na que o engrenaxe funcione da mellor das formas e se consigan as mellores candidaturas posibles”.
Con respecto á comarca de Trives-Caldelas, que é clave na elección do deputado provincial do partido xudicial de Trives, actualmente gobernase na Pobra de Trives, en Castro Caldelas, en Parada de Sil e en Manzaneda e cóntase con representación en San Xoán de Río. A meta fixada pola Executiva Provincial e manter estas alcaldías e tratar de conseguir algunha máis, ademais de lograr representación en municipios como Montederramo, Chandrexa de Queixa ou A Teixeira.