OurenseÚltima hora

Constitúese a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense

Está integrada polo alcalde, Gonzalo Jácome, que a preside, Armando Ojea, Antonio Fernández, Ana Fernández e Aníbal Pereira

 

O salón de plenos acollía esta mañá a sesión extraordinaria de constitución da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense para o novo mandato municipal. Está formada polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que a preside, e 4 concelleiras e concelleiros do goberno municipal: Armando Ojea Bouzo, Antonio Fernández Martín, Ana Fernández Nieto e Aníbal Pereira Nóvoa. O secretario da Xunta de Goberno Local será Armando Ojea e o seu substituto, nos casos de ausencia, enfermidade ou abstención, será Antonio Fernández Martín.

A sesión desta mañá incluíu dous puntos na súa orde do día: a constitución da Xunta de Goberno Local e a posta en coñecemento do decreto da alcaldía de 19 de xuño relativa, entre outros aspectos, á súa periodicidade e horario de celebración. As sesión ordinarias serán semanalmente, os luns, ás 8.30 horas.

A Xunta de Goberno Local é o órgano que, baixo a presidencia do alcalde, colabora de forma colexiada na función de dirección política que a este lle corresponde e exerce as funcións executivas e administrativas que se sinalan na Lei de Bases de Réxime Local, as demais que expresamente lle atribúan as leis e todas aquelas que, por delegación, lle transfira o alcalde.

Artigos relacionados

Back to top button