PolíticaÚltima hora

Constitúese a agrupación de socialistas do Bolo

Juan Ferreira, actual portavoz municipal, ocupa a secretaría local mentres Rosa Pérez faise cargo da secretaría de organización e Xosé Petronilo da área de política municipal
Un dos momento do encontro no que se constituía a agrupación socialista do Bolo./ Foto cedida.

Na xornada do pasado sábado 13 de xaneiro os socialistas do municipio do Bolo daban un paso máis “na súa consolidación como aposta segura para o futuro do concello”, tal e como explican, e acordaban constituírse como agrupación municipal do PSdeG-PSOE. Neste acto estaban acompañados polo novo secretario xeral provincial, Rafael R. Villarino; polo actual presidente da xestora e alcalde de Petín, Miguel Bautista; polo portavoz socialista na Deputación de Ourense, Francisco Fraga Civeira; así coma por numerosos compañeiros entre os que había deputados provinciais e alcaldes da comarca.

Ese mesmo día os socialistas do Bolo celebraban a súa primeira asemblea na que resultou escollido como secretario local o portavoz municipal da organización: Juan Ferreira. Tamén se decidía que Rosa Pérez ocupase a secretaría de organización, mentres que o histórico militante Xosé Petronilo terá a responsabilidade de levar á área de política municipal.

No acto, o novo secretario xeral, tivo a oportunidade de agradecer o apoio da organización a nivel provincial e dos e das compañeiros da Deputación. “Non é doado ser socialista neste municipio, pese ó amplo respaldo electoral que recibimos nas eleccións”, sinalaba Juan Ferreira.

Asistentes a este encontro celabrado no municipio do Bolo./ Foto cedida.

Con este novo paso, os socialistas do Bolo afirman a súa convicción de que “se está a realizar un bo traballo na oposición, fiscalizando todos e cada un dos desmandos do actual goberno e atendendo as demandas dunha veciñanza moitas veces discriminada e esquecida”. Así mesmo, aproveitaron para anunciar que xa están elaborando o programa electoral para as vindeiras eleccións municipais, “coidando que o seu labor os posiciona como o cambio e a alternativa real para o goberno municipal en O Bolo”, din.

Artigos relacionados

Back to top button