EconomíaEconomíaÚltima hora

Constituída a comisión de seguemento do convenio entre Agader e o GDR Sil-Bibei-Navea

 

Esta mañá, nunha reunión mantida no local do GDR Sil-Bibei-Navea (na praza do Reloxo na Pobra de Trives) constituíuse, en cumprimento da cláusula 23 do convenio, a comisión de seguimento do convenio de colaboración entre AGADER e este GDR.

O acto contaba coa presenza de Moisés Blanco, subdirector de Relacións cos GDRs de AGADER , a presenza telemática do xefe de Área de AGADER José Sanlés, e a xerente do grupo Silvia Álvarez, máis o presidente so GDR, Francisco Magide.

Tal e como manifestaba Moisés Blanco, o traballo do grupo de desenvolvemento rural “é satisfactorio tanto polo número de proxectos presentados como pola calidade dos mesmos”, sendo nesta convocatoria que está actualmente nos seus inicios de 41 proxectos presentados dos cales 21 son produtivos e o resto non produtivos.

Nestes momentos estase a requirir documentación complementaria en moitos ao mesmo tempo que se están a mandar a AGADER os proxectos que contan con toda a documentación para que emita o informe favorable ou desfavorable.

O subdirector insistiu na necesidade de difundir máis a estratexia Leader e na medida do posible estudar a a maneira de levar proxectos de animación do territorio a distintos concellos.

Os presentes coincidiron en que é necesario reactivar as xuntanzas coa cidadanía, a distintos niveis para recoller ideas coa finalidade de que antes de remátalo ano facer as suxestións que se consideren a AGADER para melllorar os piares da nova estratexia e do novo programa, dado que estamos nun ano de transición.

Potenciar a asociación dos GDRS como entidade aglutinadora e actuar todos baixo a marca de GDR de Galicia, segundo Moisés Blanco é a intención de AGADER, xa que iso permitirá unha comunicación máis fluída entre os grupos e entre estes e AGADER.

Nesta reunión fíxose ademais un repaso da xestión das convocatorias das Axudas Leader e acordouse acordouse impulsar medidas para mellorar a difusión e o coñecemento da nova Lei de recuperación de terra agraria.

Artigos relacionados

Back to top button