En portadaÚltima hora

Conta atrás para a XXV Festa das Covas de Vilamartín

A venda de entradas anticipada (a través de vivetix.com) remata hoxe ás 20:30 horas

 

Comeza xa a conta atrás para a Festa das Covas de Vilamartín que o sábado 5 de agosto celebrará a XXV. Como edicións anteriores e co fin de facilitar a chegada do público á vila ofrecerase un servizo gratuíto de autobuses con saídas dende A Rúa (ás 19:40h.) e O Barco (ás 20h.) e con regreso ás tres da madrugada. Así na tarde dese día a festa envolverá cada recuncho das rúas vilamartinesas que acollen a ruta. Nesta edición abrirán as súas portas, a partir das 20:30h., en torno a 45 covas.

A venda de entradas anticipada (a través de vivetix.com) a un prezo de 15 euros, remata hoxe ás 20:30 horas pero tamén poderán mercarse na tarde do sábado nos postos que se situarán nos dous accesos á ruta, sen límite de aforo.

 

 

O público poderá acceder ao interior destas adegas soterradas para degustar os seus viños (brancos e tintos), acompañados por unha gran variedade de pinchos. Haberá ata 4 charangas tocando ao longo da zona da festa e as adegas pecharán as portas arredor da medianoite. A partir de aí, a festa mudará de escenario e a música cobrará protagonismo da man da Dj Chus Lestayo, que actuará na zona da Eirexa ata ben entrada a madrugada, poñendo así o broche a esta popular celebración.

Como limiar da ruta, mañá venres 4 de agosto celebrarase “A Pequena”, unha ruta na que se rende homenaxe aos coveiros, que son os que fan posible que cada ano poda celebrarse esta cita festiva. Arrancará ás 20:30 horas co pregón de Sara Fernández López, coa posterior homenaxe e festa rachada co Os Parrandas.

Artigos relacionados

Back to top button