En portadaÚltima hora

Conta atrás para as Festas de Verán en Quiroga

Comezarán o 7 de agosto cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Antón

Imaxe da Festas do Verán do pasado ano en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os días 7, 8, 9 e 10 de agosto; coincidindo coas datas nas que se celebran as Festas de Verán en Quiroga, o Concello de Quiroga, debido á situación derivada de crise sanitaria, desenvolverá un programa de actividades dirixido a todos os públicos no que se inclúen actividades deportivas, actuacións musicais, maxia e animación de rúa, tal e como adianta esta administración local.

Así, o venres, día 7, a partir das 12:00 h ata as 22:00 h, na Praza de España, terán lugar varios pases do espectáculo de maxia “ A volta a Galicia en 313 Concellos” a cargo do Mago Antón. Esta actividade realizarase con aforo limitado en varios pases ao longo do día e de xeito gratuíto para os asistentes. Organizada polo Concello de Quiroga conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “Cultura no Camiño”.

Os pases do espectáculo están distribuídos do seguinte xeito: pola mañá de dous pases ás 12h e as 13:00 h. Xa pola tarde, haberá cinco pases dende as 18h ata as 22:00 h cada hora.

O sábado, día 8, ás 13:00 h espectáculo de animación de rúa “Psycho-Delia” a cargo de Troula Animación. Tamén nesta actividade o Concello de Quiroga conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través do programa “Cultura no Camiño”. Este mesmo día a partir das 22h, concerto a cargo de “Ardentía” na Praza de España, actividade con aforo limitado que conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único.

O domingo, día 9,  a partir das 11h, alborada coa Unión Musical Val Miñor e concerto as 13h. diante da Casa do Concello. Esta actividade conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do Plan Provincial Único. Este mesmo día a partir das 12:00 h a Área de Deportes organiza o Día da Bicicleta.

O luns, día 10, feira mercado e tamén terá lugar a XXIX Mostra do Mel. O postos de venda situaranse no recinto que se habilitará na Rúa Real . A xornada estará amenizada pola charanga BB+.

Artigos relacionados

Back to top button