Vai collendo forma o lugar no que mañá se cebrará o concerto do 50 aniversario do CD Barco, prato estrela das Festas do Cristo no Barco de Valdeorras, na explanada de Cedie, á esquerda, na entrada á vila pola avenida de Galicia.
O concerto de Los Secretos, banda de referencia do pop español dende os anos 80, está previsto para as 23:30 horas pero será precedido pola banda local Sr. Jingles que interpretará temas do seu disco El Grito Wilhelm e algún inédito; e continuará despois coa popular Sofía Cristo que pinchará xunto as Dj’s locais Jorge Rodríguez e Dani Argü.
A apertura de portas será ás 20:30 horas.
Fotos: Carlos G. Hervella.