A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Continúa a busca do veciño de San Xulián (A Rúa) desaparecido onte

 

Continúa, sen éxito polo momento, a busca do veciño de San Xulián (A Rúa), desaparecido na tarde de onte. Na súa procura está a traballar un amplo operativo. Aos voluntarios de Protección Civil (un total de 10 están traballando na busca) e aos efectivos da Garda Civil e do GES Valdeorras sumábanse helicópteros, os GES de A Veiga e a unidade de Drons do Axega e o equipo de montaña de Trives, entre outros.

 

 

Tamén forman parte do dispositivo membros do Seprona e voluntarios de Protección Civil de Larouco, A Rúa, Petín e O Bolo, entre outros, ademais dos propios veciños. Pronto fará 24 horas da desaparición e a noite dificultará a busca.

O veciño viuse por última vez na aira da súa casa tralo almorzo. Tal como informan dende o Axega, un familiar do desaparecido contactou co 112 Galicia pouco antes das 10 da noite de onte, cando seguían sn noticias do home, duns 80 anos, quen adoita pasear pola aldea malia a perda de audición e visión, a maiores dotros problemas de saúde.

https://youtube.com/shorts/0k8frRuYlac?feature=share

Fotos e vídeo: Protección Civil A Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button