En portadaÚltima hora

Continúa activo o incendio do Navea

Xa arderon 164 hectáreas e decretábase a “Situación 2” como medida preventiva pola proximidade do núcleo do Seixo
As chamas do incendio do Navea, na noite do 14 de agosto. Foto: A.R.
As chamas do incendio do Navea, na noite do 14 de agosto. Foto: A.R.

Segue ardendo a zona trivesa do Navea. Neste lume decretábase a “Situación 2”, como medida preventiva, pola proximidade ao núcleo do Seixo, onde unha vivenda foi afectada polo lume, sen que se rexistraran danos persoais. Segundo informa Medio Rural, ás 16:32 horas do 15 de agosto ten sido desactivada a “Situación 2”.

Este lume comezaba na tarde de onte, 14 de agosto, ás 18:24 h. Durante os labores de extinción tiveron que ser evacuados dous operarios, un deles por inhalación de fume e outro por un golpe nun xeonllo a causa dun accidente mentres conducía unha motobomba. “Ambos foron inicialmente trasladados ao hospital de O Barco de Valdeorras e xa foron dados de alta”, segundo informa Medio Rural.

Asemade, dende este departamento autonómico aseguran que neste “lume complicáronse as tarefas de extinción por unha treboada con aparello eléctrico e bruscos cambios do vento, que obrigou a retirarse aos medios aéreos, sendo tamén moi difícil o trabalo en terra polo escarpado do terreo”.

Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, este lume afecta a “unha superficie de arredor de 164 hectáreas. Nel levan traballado 2 técnicos, 9 axentes, 33 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME)”.

Artigos relacionados

Back to top button