SanidadeÚltima hora

Continúan abertas as prazas de autoinscrición nos cribados comarcais de Viana e Trives

 

Siguen abertas as prazas de autoinscrición nos cribados comarcais programados en once concellos para esta semana, na que tamén se manterán en aberto os tres puntos de acceso libre no Espazo Xove e nos hospitais públicos de Valdeorras e Verín.

“A demanda de prazas para realizar os test de antíxenos desta semana está a ser moi grande como o demostra que o sábado xa estaba completo o cupo para participar na xornada de hoxe luns 17 de xaneiro para os cribados programados para O Carballiño, Xinzo e Allariz que completaron as 600 prazas (200 por cribado) en poucas horas”, tal e como se informa dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

 

 

Nestes momentos permanece aberta a inscrición para os demais cribados estando xa completos os cupos de Celanova para o martes 18, o de Maceda para o mércores 19 e o de Allariz para o venres 21. Para o resto dos dias todavía quedan espazos libres para os cribados de Viana, Trives, O Carballiño, Castro Caldelas, Ribadavia, Coles, Bande e Xinzo.

O acceso aos cribados é sempre mediante autoinscrición, no seguinte enlace:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx no que se poderá elixir o punto de acceso e o día. A cita se enviará nunha mensaxe telefónica ou SMS.

Artigos relacionados

Back to top button