OurenseÚltima hora

Continúan as actividades culturais en Ourense esta semana

Terán lugar varios eventos relacionados coa música, o teatro e a danza

Publicidade
Concello de Ourense.

 

O Concello de Ourense continúa as súas actividades culturais para os meses de verán. O vindeiro mércores, 26 de agosto, terá lugar o último concerto de jazz de Alfonso Medela, recoñecido pianista do Carballiño que actuou xa varias veces acompañado da voz de Diana Tarín. O xoves, 27 de agosto haberá unha nova cita co Verán Cultural ás 20:30h na Terraza do Auditorio con Tandub. Trátase dun proxecto que nace do encontro entre músicos de Galicia e Marrocos, fusionando xéneros e sons de ambos lugares.

O venres 28 terá lugar unha actuación de teatro por parte da compañía Lagarto Lagarto e Zaurca. Representarán a súa versión de “Moito ruido e poucas noces”, orixinal de Wiliam Shakespeare ás 20:30h na terraza do auditorio. Finalmente, o sábado 29 de agosto, dende as 21:00h, a terraza do Auditorio acollerá o X Festival de danza e artes do Corpo de Ourense “Corpo (a) Terra”, organizado por trasPediante e no que colabora o Concello. Haberá tres espectáculos a cargo de ZumZum Teatre, o colectivo Globo e David Loira.

Artigos relacionados

Back to top button