SanidadeÚltima hora

Continúan as concentracións dos gardas de seguridade do Hospital de Valdeorras

 

Por segunda vez, e na mesma semana, os gardas de seguridade do Hospital Público de Valdeorras veñen de concentrarse para reclamar que se lle paguen os salarios atrasados.

A día de hoxe, segundo se informa dende a CIG en Valdeorras, adebedánselle 2 meses. O responsable deste sindicato na comarca, Francisco Moral, insiste en que “a día de hoxe non temos nin contestación nin solución” de aí esta nova mobilización, que tiña lugar ás 12h. deste xoves no exterior do hospital do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button