SanidadeÚltima hora

Continúan as concentracións en Valdeorras contra o anteproxecto de reforma da Lei de Saúde

Publicidade

Tras unha pancarta co lema “Sanidade digna”, varias decenas de persoas volvían a concentrarse un mércores máis ao mediodía no exterior do Hospital Comarcal Valdeorras para pedir a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galicia.

Nesta mobilización, convocada pola Plataforma Sanitaria de Valdeorras, tomaba a palabra Suso Vilasánchez para explicar que malia que o texto do anteproxecto sufriu unha serie de modificacións, isto “tan só foi un lavado de cara para tapar algunha cousa, pero no fondo segue igual”. E lembraba que dende a plataforma séguese pedindo a retirada deste texto normativa, que prevé a supresión da área sanitaria valdeorresa, e a negociación dunha nova lei por consenso.

Por outra banda, ao final do acto, Víctor Pariente anunciaba que está prevista unha nova concentración o vindeiro venres 24 de novembro pero desta volta cunha motivación diferente: a conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero. Será ás 12h.

Artigos relacionados

Back to top button