DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Control de promoción, nas pistas de atletismo barquenses

 

Tras moitos meses sen competición, na tarde deste 3 de abril as pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco) acollían un control de promoción de atletismo en pista con atletas valdeorreses e triveses pero tamén doutros puntos da provincia de Ourense, así como das de Lugo ou A Coruña.

A xornada deportiva, centrada principalmente en atletas da base, iniciábase rozando as catro e media da tarde con minuto de silencio en memoria do lanzador de xavelina vilamartinés Luis Nogueira Fernández. Tamén na súa honra, na zona de lanzamentos podía verse unha xavelina cravada no chan cun lazo negro.

 

 

A primeira das probas era a dos 400 m valados feminino, seguidos da altura e do triplo salto masculinos e dos 50 metros, a pelota, os 60 m, a lonxitude, os 80 m, os 100 m, os 500 m, etc. Participaban atletas de categorías base, como os Sub10, Sub12, Sub14 ou Sub16; así como prebenxamíns e tamén deportistas absolutos. O control desenvolvíase seguindo o estrito protocolo anticovid da federación.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button