
A Consellería do Medio Rural vén de informar de que o incendio forestal da parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras), quedou controlado ás 18.45 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 14.56 horas do pasado sábado e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 850 hectáreas, citando os datos da Consellería do Medio Rural. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 32 axentes, 52 brigadas, 34 motobombas, 4 pas, 4 unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e 4 avións.