ConcellosÚltima hora

Convenio entre Medio Rural e Deputación de Ourense

Preto de 6 millóns de euros para a ampliación, mellora e mantemento de camiños nos 92 concellos ourensáns
Rosa Quintana e Manuel Baltar na firma do convenio.
Rosa Quintana e Manuel Baltar na firma do convenio.

A través do convenio de colaboración asinado pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Manuel Baltar, os 92 concellos ourensáns beneficiaranse dun investimento de preto de 6 millóns de euros (en concreto 5.728.947 euros) para a ampliación, mellora e mantemento de camiños de titularidade municipal na provincia. Destes fondos, un total de 2.702.135 euros corresponden á anualidade de 2014 e os 3.026.812 euros restantes á anualidade de 2015.

A través deste convenio do Plan Marco 2014-2015 os concellos de Galicia beneficiaranse de máis de 25,5 millóns de euros. Este incremento “permitirá atender proxectos que melloren un maior número de camiños, o que repercute nunha mellora das condicións de vida dos residentes nas áreas rurais, poñendo en valor as dotacións existentes de infraestruturas básicas” explican dende a Consellería.

Este plan inclúe como novidade que unha parte importante da cofinanciación será aportada polas deputacións provinciais. Deste xeito, abórdase o desenvolvemento rural dende unha perspectiva integral e refórzase a colaboración entre as administracións co obxectivo de pór en marcha actuacións que redunden na mellor prestación de servizos á poboación por parte dos concellos.

Artigos relacionados

Back to top button