EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Convenio entre o CRDO Monterrei e Verín para organizar a feira do viño

Este certame vitivinícola desenvolverase do 11 ao 13 de agosto nesta localidade ourensá
O alcalde de Verín na sinatura do convenio co presidente do CRDO Monterrei./ Foto: Concello de Verín.

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, José Antonio Da Silva, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, veñen de asinar un convenio de colaboración destinado á organización da XII Feira do Viño de Monterrei.

O acordo recolle as accións que “abonará cada unha das entidades organizadoras, co obxecto de plasmar en papel unha cuestión que se tiña realizado ata o momento de modo verbal. No devandito convenio figuran cuestións como a montaxe do recinto feira, o Acto da Confraría dos Viños de Monterrei, actuacións musicais ou publicidade, entre outros”, segundo informa o consello regulador.

Asemade maniféstase que os primeiros resultados da colaboración entre este órgano rector e o Concello de Verín na organización da mostra “están sendo visibles, xa que ademais de participar conxuntamente na elección do cartel anunciador desta festa, estanse artellando de modo común as restantes accións deste evento vitivinícola, o máis improtante do ano para a D.O. Monterrei”.

Artigos relacionados

Back to top button