ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Convenio entre Río e a Estación de Montaña Manzaneda para achegar o centro termal e de esquí á veciñanza

Un veciño de San Xoán de Río desfrutando do seu bono na Estación de Montaña Manzaneda.

 

O Concello de San Xoán de Río e a Estación de Montaña Manzaneda veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de achegar o centro termal e de esquí deste complexo a todos os empadroados neste municipio.

O acordo asinado recolle un paquete especial piscina-Spa para empadroados que inclúe: piscina dinámica con chorros a diferente altura, jacuzzi, sauna e piscina exterior de contrastes. O bono especial empadroados para a temporada 2021/2022 plantéxase da seguinte maneira:

 

Tamén se ofrece a todos os empadroados no Concellos de San Xóan de Río a posibilidade de adquirir “o pase anual de tempada, que inclúe o uso ilimitado de remontes mecánicos da estación, nos días e horas que estean a funcionar ao público, incluíndo seguro obrigatorio de viaxeiros, durante a tempada de Inverno 2021/2022”.

 

Outro dos puntos do convenio asinado recolle Xornadas Formativas Xuvenís. Así, para que os mozos deste municipio poidan acceder ao curso de esquí establécese un prezo 35,00 €/Persoa. Este curso de esquí inclúe dúas horas de clases, material deportivo (esquís, botas e bastóns, e acceso a remontes -forfait do día). E poderá realizarse de luns a venres, salvo festivos, sendo o número mínimo de integrantes de 20 persoas.

Artigos relacionados

Back to top button