Na mañá deste luns 17 de outubro, o proxecto As Letras de Florencio poñía en marcha unha iniciativa cos estudantes do Barco de Valdeorras. Trátase dunha convivencia poética poética de tres xoves poetas cos alumnos de 1º da ESO dos centros de Secundaria da Vila.
A idea inicial era levala a cabo ao aire libre, á beira do río Sil pero debido á posibilidade de chuvia trasladábase aos propios centros. O primeiro era o Divina Pastora, colexio no que Jorge Moral, Eilún del Pazo e María Comesaña compartiron conversa e poesía cos cativos. A esta convivencia corresponden as imaxes da galería.
O seguinte centro era o IES Martaguisela, onde se unía á convivencia Bea Saiáns e xa pola tarde será o turno do IES Lauro Olmo.
Fotos: Mónica G. Bellver.