OurenseÚltima hora

Convocadas as probas para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará un total de 8 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica vén de publicaar no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada.

A Xunta realizará ao longo do ano 2023 un total de 8 convocatorias de exames para as distintas categorías de vehículos: autobús (D), remolque (E) ou camión (C), aproximadamente unha cada dous meses.

A data e hora concretas dos exames publicaranse na web da Dirección Xeral de Mobilidade cunha antelación mínima de 10 días hábiles á celebración do primeiro exercicio.

A Directiva 2003/59/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xullo de 2003, establece esta nova formación obrigatoria para determinados condutores profesionais. O certificado obtido nestas probas acreditará que o condutor superou os cursos e os exames esixidos e será expedido polos órganos autonómicos competentes para o outorgamento de autorizacións habilitantes para a realización do transporte público discrecional de viaxeiros e mercadorías por estrada.

Estes dispositivos reforzan as garantías de seguridade e transparencia e incrementan a profesionalización e a competitividade no sector do transporte.

Artigos relacionados

Back to top button