OurenseÚltima hora

Convocadas as subvencións do Consello Municipal de Deportes de Ourense para actividades, clubs e entidades deportivas

O orzamento para este 2020 ascende a 700.000 euros, 100.000 para a Liña 1 e 600.000 para a Liña 2

 

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense vén de convocar as subvencións en materia deportiva para este ano 2020, dirixidas a federacións deportivas e a clubs ou entidades deportivas do municipio inscritas no rexistro de asociacións deportivas municipais. O extracto da convocatoria pódese consultar no Boletín Oficial da Provincia de Ourense de hoxe, 13 de maio de 2020 e na páxina web do Concello de Ourense.

Tal como explican dende o Concello, a convocatoria conta con dúas liñas. A Liña 1 que conta cun orzamento de 100.000 euros está destinada á organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia social que contribúan á promoción deportiva no período comprendido entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020.  A Liña 2 conta cun orzamento de 600.000 euros está dirixida a gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións e actividades federadas de carácter oficial, para a tempada 2019-2020.

As solicitudes, xunto coa documentación adxunta, dirixiranse ao presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma telemática conforme aos modelos ou anexos recollidos nas bases reguladoras a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes. Para a Liña 1 o prazo é desde mañá, xoves, 14 de maio, ata o 31 de outubro. Para a Liña 2 son 60 días naturais desde mañá.

Artigos relacionados

Back to top button