CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o XI Concurso de Microrrelatos Ribeira Sacra-Parada de Sil

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“As cousas que se fan con ilusión son as que ten futuro, e por iso seguimos camiñando con algo que empezou fai once anos”, asegura o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez. Entre esas iniciativas figura o concurso de microrrelatos que promove este Concello e que este ano chegar á súa undécima edición.

Como nas anteriores, o certame está dotado con tres premios de 1.000 euros o primeiro, 500 o segundo e 300 o terceiro. Con respecto a este terceiro premio que se concedeu de maneira oficial o ano pasado por primeira vez, o Concello decidiu seguir mantendo dado o número e calidade dos microrrelatos participantes.

Este ano poderán presentarse relatos dende hoxe ata o 24 de marzo pero nas bases contemplase unha novidade no senso que de que só se admitirán os 1.000 primeiros, feito que se notificará polos canles habituais, web do concello e medios.

“Dende o Concello seguimos a pensar que este concurso é un bo medio de dar a coñecer a Ribeira Sacra, hoxe xa co selo da UNESCO de Reserva da Biosfera e agardamos que tamén en dous ou tres anos Patrimonio Mundial da Humanidade”, indican dende o grupo de goberno, insistindo tamén que “os participantes han de ler con calma as bases para evitar descualificacións tanto no que ten que ver co contido como os datos que se requiren na plica”.

Segundo informa o alcalde, Aquilino Domínguez, este ano prevese facer a entrega dos premios o día 13 de maio, na casa consistorial onde se celebrará o Día das Letras Galegas.

Poden consultarse as bases na web do concello: https://www.paradadesil.es/ e ampliarse información en concello@paradadesil.es .

Artigos relacionados

Back to top button