CulturaCulturaÚltima hora

Convócase o XII Concurso de Microrrelatos de Parada de Sil, con novidades

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Con este xa van doce anos consecutivos nos que o Concello de Parada de Sil convoca unha edición do concurso de microrrelatos. Nesta nova edición incorpóranse “importantes novidades”, tal e como pode comprobarse nas bases publicadas na web desta administración local: https://www.paradadesil.es/index.php/es/

Se en anos anteriores os premios eran indistintos para os microrrelatos en calquera dos idiomas, galego e castelán, este ano o Concello de man do seu alcalde, Aquilino Domínguez, vén a darlle unha volta para estimular a participación dos participantes en galego, “dado que ata ó de agora esa participación na nosa lingua, non era satisfactoria”, di o rexedor.

Por primeira vez o concurso contará cun premio de 1.000 euros para o mellor microrrelato en galego e outros mil para o mellor microrrelato en castelán. Tamén se dotará un premio de 500 euros e un de 300 aos microrrelatos que queden en segundo e terceiro lugar independentemente da lingua na que están escritos.

Este ano poderán presentarse relatos dende hoxe ata o 24 de marzo, pero nas bases contémplase unha novidade no senso que de que só se admitirán os 1.000 primeiros, feito que se noficará por canles habituais, web do concello e medios.

O xurado presidido polo conveciño e medalla de ouro da provincia de Ourense, o profesor Antonio Carreño, fará público o fallo o día 4 de maio para facer entrega aos premiados o día 11 de maio, data na que o Concello celebrará o día das Letras Galegas. “Unha vez máis preténdese dar difusión á Ribeira Sacra e estimular a actividade creativa das persoas xa que han de cinguirse a 200 palabras como máximo”, indican dende o Concello, que recomenda a lectura atenta das bases para evitar descualificacións.

Artigos relacionados

Back to top button