OurenseÚltima hora

Cooperación entre a Deputación e o Liceo nos ámbitos cultural, artístico e deportivo

A entidade cultural cumpre 166 anos dende a súaa fundación como Liceo Recreo de Artesáns
O presidente da Deputación Manuel Baltar e o presidente do Liceo, Xabier Casares.
O presidente da Deputación Manuel Baltar e o presidente do Liceo, Xabier Casares.

O Liceo “mantén viva a chama cultural de Ourense”, di o presidente da Deputación da Deputación, Manuel Baltar e neste ano que cumpre 166 anos desde a súa fundación como Liceo Recreo de Artesáns, o órgano provincial, que “tamén afonda na cooperación en materia cultura e artística, non podía menos que colaborar cunha entidade senlleira, situada a escasos metros desta institución no Pazo dos Oca Valladares, un edificio do século XVI, declarado pola Xunta de Galicia Ben de Interese Cultural, un cualificativo que debería ter o propio Liceo como organización polo labor que realiza en favor da cultura da nosa provincia, algo que recoñecemos desde a Deputación de Ourense”, afirmou Manuel Baltar.

Por iso, na mañá do 2 de novembro, asinaba xunto ao presidente do Liceo, Xabier Casares, un convenio de colaboración entre ambas entidades segundo o cal a Deputación achega un total de 25.000 euros para cooperación da institución provincial na programación cultural, literaria, artística e deportiva así como nos gastos de funcionamento desta sociedade cultural.

Casares agradeceu o apoio da institución provincial asegurando que o Liceo naceu “coa vocación de estar presente nas actividades culturais e sociais da sociedade ourensá e, nese aspecto, estamos abertos á colaboración de todas as entidades que queiran ter un achegamento ao Liceo”.

Con 700 socios actualmente, o Liceo de Ourense é unha sociedade cultural fundada en 1850, sendo desde entón un lugar de referencia na vida social e cultural de Ourense, con actividades que congregan anualmente a máis de cincuenta mil persoas. Casares detallou que no que vai de ano organizáronse xa “300 actos culturais”.

Artigos relacionados

Back to top button