O vindeiro 18 de marzo terá lugar na cidade de Ourense a Copa da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Neste torneo daranse cita todos os equipos tanto femininos coma masculinos. “Agardamos que seña un día de moito gaélico pero sobre todo de lecer e de confraternidade entre tódalas persoas deste deporte no país”, din dende a organización, que ademais agradece “a tódalas entidades colaboradoras que fan posible este evento na nosa cidade”.
Fotos cedidas.