DeportesÚltima hora

Copa de España e Trofeo Federación DHI, esta fin de semana na Estación de Montaña Manzaneda

 

A competición deportiva de alto nivel volve ter a Estación de Montaña Manzaneda como escenario esta fin de semana. O domingo disputarase nas instalacións a Copa de España e o Trofeo Federación DHI, cunha proba mini para os máis pequenos na xornada previa.

Os mellores deportistas desta disciplina volverán descender polas pistas do Bike Park con mangas puntuables para 8 categorías masculinas e 7 femininas. Segundo se especifica no programa, organizado pola Federación Galega de Ciclismo e a Estación de Montaña Manzaneda, os participantes poderán recoller os seus dorsais o sábado 22 de xullo de 13 a 17 horas e o domingo día 23 entre as 9 e as 10:30, mentres que os adestramentos oficiais desenvolveranse de 9:30 a 10:45 horas. A manga clasificatoria arrincará ás 11 horas e á final ás 13 horas.

A programación deportiva da estación estenderase ata setembro. Os días 29 e 30 de xullo haberá curso MTB Planet; o 12 de agosto, Marcha Ciclista CicloSil; o 19 de agosto, Gladiator infantil; do 25 ao 27 de agosto, Motorsport Campus; e o 3 de setembro, Marcha ciclista Federación.

Artigos relacionados

Back to top button