En portadaÚltima hora

“Córgomo Arte” volve levar a creación ao rural valdeorrés e homenaxea a Carme López

Este proxecto expositivo, promovido por Manuel Conde e Torino, abría esta tarde as súas portas en Córgomo (Vilamartín)

 

Numerosas persoas percorrían a partir das 17h. da tarde deste sábado 10 de decembro as salas da singular galería Conde Torino en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). O proxecto “Córgomo Arte” recupera a presencialidade, tras dous anos de paréntese por mor da pandemia, coa exposición “REconeXión”. Quixemos que a deste ano estivera marcada pola proximidade, así que moitos dos artistas que acompañarán a Conde e Torino están vencellados dalgún xeito coa comarca de Valdeorras”.

Torino con Carme López, homenaxeada nesta edición.

 

 

 

Nesta edición presenza dos creadores Manuel Conde e Torino, Noé Blanco, Carmen Cabaneiro, Arturo Ceide e Beatriz Pérez (in memoriam), Pili Chaos, Juanjo de la Comba, Saúl Conde, Enrique Fernández Prada, Sabela Mato e Carme López Macías, mai de Manuel Conde, a quen se lle adicará este encontro tan especial.

 

 

“Ela representa a forza dunha xeración loitadora, especialmente damnificada pola Covid e por outra enfermidade contemporánea aínda peor, a soidade. Sen ela Córgomo Arte non sería o mesmo. Sempre silenciosa, fai parte imprescindible da organización, é apoio incondicional e ilusión compartida. Como cada ano abriranos as portas da súa casa para todos poidamos gozar da arte”, din os organizadores.

 

 

A exposición permanecerá aberta ata o 8 de xaneiro, en horario de 10 a 22 h. en fins de semanas e festivos.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button