En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Córgomo (Vilamartín) celebra con éxito a súa I feira de produtos tradicionais no Día das Letras Galegas

 

Vermú, licores e comida preparada de A Horta de Fina e Mar (O Barco); viño de Viñaredo; mel de O Marquesado e O Tío Miguel; aceite de Terras Cigurras; libros da Casa Tomada; licores de Barbudos; Bicas de Raigada; artesanía de Spoombini (Pombo Artesanía en Madeira) e Artesanía Enxebre; e a pulpeira Matilde (A Rúa). Son os produtos tradicionais que puderon verse e mercarse na Feira de produtos tradicionais de Córgomo, celebrada na mañá deste mércores 17 de maio na localidade vilamartinesa con gran asistencia de público.

 

 

A mostra, celebrada na Aira dos Bolos, estivo organizada pola Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo con motivo do Día das Letra Galegas que o  ano pasado protagonizaba o valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán e neste 2023 está adicado a Francisco Fernández del Riego.

 

 

Tal como explica a presidenta da asociación Soledad Figueroa, a Feira de Córgomo nace coa idea de “manter o espírito que se vivíu o ano pasado e que a xente siga vindo á Córgomo. Por algún sitio había que empezar e pensamos nisto”, di Sole animando á xente a desfrutar da aldea e “dos produtos que aquí temos e que fabrica a xente daquí. A comarca de Valdeorras hai que degustala no seu conxunto”.

Dende a organización agradecen a colaboración de todos os asistentes así como do Concello de Vilamartín por colaborar con música e outros traballos de acondicionamento do lugar”.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button