ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortada a entrada ao Barco dende Veigamuíños

 

Como consecuencia da intensa chuvia rexistrada nesta tarde, e tal e como acostuma nestes casos, formábase un gran charco de auga no acceso á vila do Barco de Valdeorras dende Veigamuíños, no paso situado baixo a vía do ferrocarril.

Por este motivo e dado que a falta de luz impedía o funcionamento das bombas de achique ata hai un rato, o tráfico permanece arestora cortado en ambas direccións. Dun lado estaban os conos da Policía Local e do outro un conche da Garda Civil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button