ConcellosO BarcoÚltima hora

Cortada a estrada de Castro de Vilariño a Soulecín (O Barco) por arrastres de terra e pedras pola tormenta

 

A auga da chuvia da tormenta que esta tarde descargaba nos municipios da Veiga e do Barco provocaba o corte da estrada entre as localidades de Castro de Vilariño a Soulecín (O Barco), pola baixada de gran cantidade de auga, así como por arrastres de pedras e terra.

 

 

Ata o lugar do suceso acudía nun primeiro momento o GES Valdeorras, mobilizado dende o 112 Galicia por unha incidencia, pero ao chegar comprobaba a situación da estrada, cortada, e procedíase á súa sinalización. Ata alí tamén se desprazaba a Policía Local do Barco.

https://youtube.com/shorts/xSKHf9zFbhU?feature=share

 

Artigos relacionados

Back to top button