ConcellosO BoloÚltima hora

Cortada a estrada que une Celavente con Fornelos (O Bolo) e Prada (A Veiga) pola caída de 3 postes de telefonía

Dende Protección Civil do Bolo piden aos condutores que fagan caso da sinalización

 

Esta tarde un particular alertaba a Protección Civil do Bolo da caída de tres postes de telefonía na estrada que une o núcleo Celavente con Fornelos (ambos no Bolo) e Prada (A Veiga).

“Sairon dous voluntarios a revisar o lugar e procedeuse a cortar a estrada. Xa se deu aviso aos responsables da liña para proceder a súa reparación”, segundo informan dende a Agrupación de Protección Civil do Bolo, que solicita precaución ao circular pola zona e que se faga caso da sinalización.

 

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button