ConcellosEn portadaÚltima hora

Cortada ao tráfico a estrada N-536 no límite co Puente de Domingo Flórez (León)

Os vehículos que van nesa dirección dende O Barco teñen que dar a volta ao chegar a Sobradelo (Carballeda de Valdeorras)

Imaxe da estrada N-536 tras pasar Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

 

Dende as 19:18h. desta tarde está cortada ao tráfico a estrada N-536 dende o km 34 en San Xusto (Carballeda de Valdeorras) ao km 32 en Puente de Domingo Flórez (León) en ambos sentidos como consecuencia do incendio que está a afectar a Valdeorras e que se estendía a León, tal e como informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

A Policía Local do Barco estaba informando xa dende hai uns momentos na zona de Viloira do corte desta estrada do Puente en adiante, se ben os condutores que collían a estrada ao chegar á Ponte Nova de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). eran informados pola Garda Civil de que tiñan que dar a volta e de que non podían continuar pola estrada.

Artigos relacionados

Back to top button