Esta mañá de xoves cortábase ao tráfico o acceso ao Malecón do Barco dende a rúa Academia Dequidt debido aos labores de poda que se están a realizar no paseo. Prevese que este corte só se manteña durante a mañá.
Malia que se impedía á circulación cara o Malecón aos vehículos, os veciños si podían entrar e saír cos seus coches dos garaxes da citada rúa Academia Dequidt.