CulturaCulturaÚltima hora

Créase a Ruta “Arte no Ar” en Quiroga

Propón un interesante percorrido polos diferentes murais de gran formato ao aire libre creados na vila

 

Varias manifestacións artísticas de grandes dimensións ao aire libre compoñen a Ruta “Arte no Ar”, que vén de crear o Concello de Quiroga. Ten sido realizada dende a Oficina de Turismo e pódese seguir a través das plataformas Google Maps e Wikiloc, ademais de contar cun folleto específico no que se inclúe un código QR que leva directamente a estas aplicacións móbiles e que se pode adquirir na Oficina de Turismo situada na entrada da Casa de Cultura de Quiroga.

A ruta parte dende a Oficina de Turismo, cos primeiros Lapis da Cultura realizados polo salmantino Felipe Piñuela. A seguinte parada sitúase no entronque da rúa Real coa rúa San Martiño de Abaixo, no mural de Joseba Muruzábal, da “súperavoa vendimadora”.

O Meco e as Pampórnigas, as emblemáticas figuras da romaría da Ermida, de Joseba Muruzábal, localizado na fachada lateral dun edificio da Rúa Saa. No cruce da rúa Lago atopamos “A peregrina do Camiño de Inverno” mural de Mon Devane .A ruta levaranos ata a praza Maior onde nun lateral dun edificio da rúa Calvo Sotelo se atopa o mural de Germán González. unha “Alvariza”. Continuamos camiño e pasaremos polo Museo Xeolóxico antes de dirixirnos ao seguinte mural, “Xove na beira da auga” , obra de Iván Floro.

 

 

Na praza España, realizado por Pablo López Sanjurjo, pode contemplarse á escritora galega “Rosalía de Castro” . En dirección ao centro de saúde atopamos outro dos murais, realizado polo quirogués José Luís Lemos, unhas flores enmarcan o título de “Bésame en esta esquina”.

Nunha fachada do Pavillón Municipal Abi Castillo baixo o título de “Sororidade” plasmou dúas mulleres. Tras pasar polas inmediacións do Centro de Educación Infantil e Primaria, onde se pode ver o muro da praza do Albergue Municipal cunha composición xeométrica de vistosas cores “Escala cromática “ ; chegamos ata a fachada do Albergue Municipal que acolle “A lavandeira do Sil” pintada polo artista Miguel Peralta e outra serie dos lapis da cultura.

E finalmente no Auditorio Municipal está o “Neno coa oliva”, mural de Mon Devane, para rematar neste mesmo edificio onde se atopa o Museo Etnográfico de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button