SanidadeÚltima hora

Cribado de detección de Covid ao persoal do Centro de Saúde da Rúa

Este centro sanitario realizará a vacinación da gripe na Casa da Cultura ante a falta de espazo

Facendo o test a un sanitario do Centro de Saúde da Rúa. /Foto cedida.

 

Na mañá deste 8 de outubro chegaba o cribado de detección de Covid-19 ao Centro de Saúde da Rúa. A proba que se lles realizou a todo o persoal (sanitario e non sanitario) é o coñecido como test rápido de determinación de anticorpos polo virus SARS-CoV-2 (IgG/lgM). “Os positivos confirmaranse con PCR”, indican dende a consellería.

Esta actuación está enmarcada na detección precoz de novos casos e a prevención da aparición de novos brotes a través da realización de probas de detección de infección en determinados colectivos estratéxicos. A análise dos datos do momento epidemiolóxico actual recomenda realizar un segundo cribado a este persoal, tal e como informa Sanidade.

 

Test rápido de determinación de anticorpos polo virus SARS-CoV-2 (IgG/lgM).

 

Campaña de vacinación

Ante a falta de espazo no vello Centro de Saúde rues, incrementado polas medidas anticovid, este ano a campaña de vacinación que comezará o vindeiro día 13 de outubro, realizarase nunha dependencia da Casa da Cultura, ubicada a carón do centro sanitario. A idea partíu dos propios sanitarios para evitar que se mesture a xente na sala de espera do ambulatorio, co beneplácito do Concello.

Artigos relacionados

Back to top button