Ante o incremento de casos activos de Covid-19 que se está a rexistrar nos últimos días nos concellos valdeorreses da Rúa, Larouco, Petín, O Bolo e Vilamartín, a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco vén de anunciar a realización dun cribado poboacional de veciños destes cinco municipios.
Este cribado, mediante test de antíxenos, está previsto para o vindeiro luns 2 de agosto, de 16h. a 20:30 h. no Pavillón Municipal O Aguillón de A Rúa. Sera por autoinscrición para persoas entre 12 e 39 anos.
Enlace para esa autoinscrición:
https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx