CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cristina Pato e Susana Seivane actúan este domingo en Mondoñedo

O concerto celebrarase na Catedral con motivo da conmemoración do 860 aniversario das festas de San Lucas
A gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato.
A gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato.

A ourensá Cristina Pato regresa aos escenarios galegos este domingo 16 de outubro con motivo da conmemoración do 860 aniversario das festas San Lucas, en Mondoñedo (Lugo). Alí compartirá actuación con outra gaiteira da terra, Susana Seivane, tendo como teloneiros aos galego-cataláns O Val das Mouras. O concerto terá lugar ás sete da tarde no interior da Catedral de Mondoñedo.

A gaiteira e pianista galega máis internacional non para e continúa coa súa colaboración en Estados Unidos -onde reside- co bailarín e produtor Damian Woetzel, xuntándose con Lil Buck para unha actuación en Santa Bárbara (California) o 25 de outubro e no Vail DAce Festival ReMix en Nova York do 3 ao 6 de novembro. Cristina tamén ten programadas varias actuacións co seu Cuarteto, incluíndo Wolftrap (Virginia) o 11 de novembro, e o Staller Center en Nova York o 12.

Tal como adiantan dende o seu gabinete de comunicación, xa a mediados de novembro Pato emprende a súa viaxe a Asia xunto co Silk Road Ensemble do aclamado cellista Yo-Yo Ma, que volve á estrada logo dunha exitosa xira polos Estados Unidos o pasado agosto, e que agora levaraos por varias cidades chinesas e coreanas: Qingdao, Beijing, Seúl e Taipei (Taiwan).

Artigos relacionados

Back to top button