ConcellosO BarcoÚltima hora

Cruz Vermella Valdeorras organiza un curso de primeiros auxilios para outubro e novembro

 

Cruz Vermella Valdeorras vén de sacar a convocatoria dun curso de primeiroa auxilios que se desenvolverá na sede (Casa do Río Cigüeño) no Barco de Valdeorras nos meses de outubro (días 15, 22 e 29) e novembro (días 5 e 12), en horario de 9 a 13 e de 15 a 19 horas.

Con esta formación oficial Cruz Vermella pretende capacitar ás personas interesadas, a partir dos 16 anos, para a intervención nas situacións que requiran dos primeiros auxilios, tendo como obxectivos “capacitar ao alumno no dominio práctico das técnicas e habilidades máis comúns en Primeros Auxilios; cñecer os contidos teóricos que xustifican o emprego de ditas técnicas; e concienciar ao alumnado da importancia, tanto das ferramentas técnicas de que se lles dota, como das actitudes cara as vítimas dun accidente”.

O curso ten unha duración de 40 horas (puntuable para o Sergas, Educación,… ) e un custo de 120 euros. O prazo límite para matricularse será o 14 de outubro ás 12 horas e pode facerse no seguinte enlace: https://www2.cruzroja.es/detalle-cursos/-/curso/663391, ou de forma presencial nas instalacións de Cruz Vermella Valdeorras (rúa A Veiguiña, 5).

 

Artigos relacionados

Back to top button